miércoles, 5 de mayo de 2010

MANIFESTO POLA PAZ

Mentres a violencia cale á razón,
mentres só exista o meu EU,
mentres A IDEA sexa a miña,
non atoparemos A PAZ.

Mentres o meu silencio cobarde
permita que te asoballen,
mentres acepte honras que son túas,
mentres minta para aproveitarme,
non atoparemos A PAZ.

Mentres alongue a man para afundirte,
mentres eu acade a meta
porque ti non tes camiño
mentres a miña ledicia naza da túa tristura,
non atoparemos A PAZ.

Mentres adore o son da miña voz
e non queira escoitar a túa,
mentres eu o teña todo
e para ti só exista a nada
non atoparemos A PAZ.

Cando todos camiñemos da man
para atoparnos co futuro,
cando só me importes ti
e non a cor da túa pel,
atoparemos A PAZ.

Cando o mundo se rexa pola razón
e as vontades se gañen e non se merquen,
cando ti e mais eu sexamos iguais,
cando te queira porque si,
atoparemos A PAZ