miércoles, 5 de mayo de 2010

MANIFESTO POLA PAZ

Mentres a violencia cale á razón,
mentres só exista o meu EU,
mentres A IDEA sexa a miña,
non atoparemos A PAZ.

Mentres o meu silencio cobarde
permita que te asoballen,
mentres acepte honras que son túas,
mentres minta para aproveitarme,
non atoparemos A PAZ.

Mentres alongue a man para afundirte,
mentres eu acade a meta
porque ti non tes camiño
mentres a miña ledicia naza da túa tristura,
non atoparemos A PAZ.

Mentres adore o son da miña voz
e non queira escoitar a túa,
mentres eu o teña todo
e para ti só exista a nada
non atoparemos A PAZ.

Cando todos camiñemos da man
para atoparnos co futuro,
cando só me importes ti
e non a cor da túa pel,
atoparemos A PAZ.

Cando o mundo se rexa pola razón
e as vontades se gañen e non se merquen,
cando ti e mais eu sexamos iguais,
cando te queira porque si,
atoparemos A PAZ

jueves, 4 de marzo de 2010

NORMAS DA BIBLIOTECA

-Na biblioteca deberás estar moi caladiño e sentado, se non hai sitio voltas máis tarde.
-Non se permitirá o acceso á mesma con ningún tipo de comida nin bebida.
-Os libros e outros materiais da biblioteca son de tod@s e para tod@s e temos que coidar deles.
-Podes coller os libros directamente dos andeis, pero ten conta de deixalos ordenados e ben colocados.
-Se non lembras o lugar que ocupaba o libro que liches, déixao no "carriño dos libros lidos"
-Podes levar libros en préstamo, durante unha semana. Se non o remataches, tes unha semana máis de prorroga, se non hai moita demanda.
-Pide á profesora da biblioteca que che recomende un libro cando non saibas cal coller.
-Cando queiras sinalar unha páxina, faino cun anaco de papel ou cun marcador, pero nunca sobles as puntas das páxinas.
-Se perdes ou estragas un libro, tes que repoñelo; se non o atopas igual, pode ser outro título da mesma colección.
-Na biblioteca podes ler só ou en compaña, e falar dos libros que che gustan, pero faino de xeito que non molestes áos outros lectores.
-Se un libro che gustou moito, recoméndallo ós teus compañeir@s e amig@s.
-Os libros que están nos expositores non poden levarse en préstamo ata que estean colocados nos andeis: están aí para que todos poidamos coñecer as novidades ou os fondos da biblioteca.